Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco logra a vitoria na súa visita a Ribadumia

choco

Ribadumia 0-3 Choco

O Choco amosou unha defensa impenetrable e logrou unha vitoria que chegaba tras o empate co líder tan só uns días antes. Os de Tizón teñen de cara a vindeira fin de semana outra cita complicada na Preferente, reciben en Santa Mariña ao cuarto do grupo, o Areas.

Os redondeláns levaron o peso do partido, pero chegaríase ao descanso cun empate a ceros no marcador. Sería na segunda parte cando os choqueiros farían valer a súa presión no campo e aos 48 minutos do partido Capelo metería o primeiro tanto do encontro. O Ribadumia tentou sobrepoñerse pero non foi quen de superar a portería dos redondeláns.

Xa no tramo final, unha acción por banda de Pardavila serviría para establecer o 0-2 e, só dous minutos despois, un novo erro nos locais permitiu a Campelo sentenciar o partido co definitivo 0-3.

Os De Tizón, que parecían aboados ao empate, reatopáronse así coas vitorias e xogarán na vindeira semana en Santa Mariña. Na sétima praza do grupo, reciben ao Areas.

División de honra xuvenil

O Choco logra o empate co lider do grupo, o Celta

Choco 1-1 Celta

O Celta xuvenil non foi quen de facerse coa vitoria en Santa Mariña, malia chegar como favoritos ao liderar a categoría en solitario.

O excéltico Edu González Ricón adiantaría aos redondeláns aos catro minutos de  xogo, se ben o Celta non tardou en reaccionar e marcaría aos 17 minutos o tanto definitivo que deixaría o 1-1 nun marcador que xa non se volveu mover.

O Choco sitúase na sexta praza da categoría e terá novamente outra cita  complicada na vindeira semana, cando visitan o campo do terceiro, o Racing.

Primeira autonómica

Tyde 1-0 Arcade

Segunda autonómica

Cesantes 1-2 Figueirido

Sanxenxo 2-2 Soutomaior

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará