Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Goberno local e BNG coinciden á hora de denunciar a “falta de investimentos” da Xunta en Redondela

avenida mendiño

O goberno local considera que a Xunta esquece a Redondela “unha vez máis” ao non recoller obras como a humanización de Avenida Mendiño ou a segunda fase da Avenida de Vigo en Chapela así como a creación dunha escola infantil nesa parroquia. O BNG considera que as contas son “unha represalia cara o noso concello” e poñen o acento tamén na ausencia de fondos para a escola infantil de chapela ou a humanización de Mendiño así como o feito de esquecer novamente o Peirao de Cesantes.

A alcaldesa Digna Rivas advirte que “a Xunta debe atender, de xeito inaprazable, as obras comprometidas en Redondela”. Lembran o caso sangrante da Avenida Mendiño, de titularidade autonómica cuxa reforma fora anunciada no 2019 pola conselleira xunto co entón alcalde popular, Javier Bas, antes das eleccións. Vázquez Mourelle comprometera entón un investimento de 1,6 millóns de euros, sen que se iniciaron aínda as obras. Pero apunta tamen outras obras imprescidible e longamente demandadas como a Escola infantil de Chapela ou a humanización da Avenida de Redondela tamén en Chapela.

Adianta Rivas que o vindeiro 13 de novembro manerá unha xuntanza coa Consellerira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na que agarda un compromiso firme por parte da administración autonómica que dea cumprida resposta ás demandas de Redondela. Rivas espera establecer un calendario de traballo conxunto para sacar adiante todas estas demandas e necesidades da vila de Redondela.

O BNG fala de represalia

Para os nacionalistas o proxecto de orzamentos da Xunta para o 2024 “é decepcionante ao non recoller partidas necesarias para inversións chave no futuro Redondela” como a reforma integran do Peirao de Cesantes que “malia ser unha infraestrutura estratéxica tanto para o desenvolvemento da pesca artesanal e marisqueo como para o equilibrio medioambiental da Praia” en palabras do voceiro do BNG Xoán Carlos González “volve a ser negada polo goberno galego” no que entende é “unha decisión autoritaria e caprichosa de Rueda ante as críticas do sector ao proxecto presentado no seu día por Portos de Galiza”.

 Por outra banda entende o vocerio do BNG que “non contemplar unha partida para o inicio das obras da Escola Infantil de Chapela”, confirma a necesidade dun cambio de goberno ao frente da Xunta.

En canto á humanización da Avenida de Mendiño entre o casco urbán de Redondela e o porto de Cesantes “perservera o goberno da Xunta en negar a recuperación dunha zoa dotada de equipamentos deportivos, sanitarios e sociais, que permitiría un acceso amable e mellora na seguridade viaria da veciñanza de Catapeixe”, asegura.

Dende a organización nacionalista consideran que a actitude do goberno galego “é unha represalia á conformación dun goberno municipal alternativo ao Partido Popular”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará