O chamamento feito a través das redes sociais chamando á veciñanza a participar nunha recollida de produtos de primeira necesidade contou cunha rápida resposta por parte de numerosas persoas que decidiron colaborar cos 40 mozos inmigranes acollidos temporalmente no albergue Senda Sur do Porriño
Así, no pasado sábado fíxose entrega de todo o doado, principalmente roupa interior e cremas hidratantes co obxecto de atender as necesidades máis urxentes destas persoas recentemente chegadas ás costas españolas dende Senegal e derivadas a diferentes puntos da península polo goberno español.
A iniciativa partiu do colectivo Sinha Paca e a recollida tivo lugar no local do Colectivo Republicano de Redondela. Uns productos de primeira necesidade que a continuación foron entrrgados no albergue no que están acollidos estes 40 mozos.
Os promotores da iniciativa agradecen a rápida resposta e a solidariedade da veciñanza e descartan polo de agora repetir a recollida dado que “a ONG que traballa no Porriño ten as necesidades cubertas nestes momentos”.