Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión informativa sobre as obras de reposición da Ap-9 en Chapela

chapela ap9

O Auditorio do Piñeiral do Crego acolle este mércores 8 ás 17.30 horas unha charla sobre as obras de reposión da autoestrada que arrancaban na semana pasada. Na xuntanza ademais da alcaldesa, Digna Rivas está previstas que participen responsables de Audasa e Civil Global, construtora adxudicataria dos traballos. Á reunión están convidados colectivos e asociacións de Chapela, así como toda a veciñanza en xeral.

Os traballos centraranse na mellora do viario de Chapela e Trasmañó na contorna das obras de ampliación da AP-9. Ampliarase o paso sobre a autoestrada que dá acceso a San Vicente de Trasmañó, renovarase o Camiño Mouriño e realizaranse melloras no Camiño da Igrexa e Rúa Pasán. O proxecto inclúe a renovación das redes de abastecemento, a iluminación pública e dous parques infantís da zona. As obras contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e o prazo de execución é de 9 meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará