Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatado un can que malvivía en Cesantes

car caseta

A nova lei de Benestar Animal permitiu á Concellería de Sostibilidade proceder ao rescate do animal ao que se lle busca agora un fogar axeitado. Trátase dun podenco portugués bautizado como Sercan de 2 anos de idade e de tamaño mediano, que vivía en soidade nunha caseta de chapa de apenas un metro cadrado en Cesantes. O can foi rescatado o día 28 en pleno temporal logo de recibir a Concellería dunha chamada de alerta dado que as mareas vivas chegaban ata o seu refuxio.

A policía local procedeu a retirar o animal do lugar e os propietarios accederon a entregalo a outra persoa que o está coidando de forma temporal ata dar cun familiar que o adopte de xeito definitivo. 

O podenco, tras ser rescatado do seu refuxio habitual en Cesantes foi trasladado nun primeiro momento pola propia familia a outro lugar que tampouco reunía as condicións axeitadas, xa que había outros cans que o atacaron e lle produciron feridas que precisaron de sutura. Ante esta situación e pola presión que recibían grazas a nova lei de benestar animal, os propietarios do can accederon a entregalo en adopción. Faise un chamamento para que alguén lle dea un fogar definitivo. As persoas interesadas poden poñerse en contacto no 986 400 300.

O Concelleiro de Sostibilidade Roberto Villar apunta: ” A nova lei de benestar animal, está sendo moi criticada e ten moitas carencias sobre todo de recursos. Pero o certo é que grazas a éla foi posible salvar a Sercan das mans dunhas persoas que o estaban maltratando tanto de forma física como emocional”. Agradeceu especialmente a colaboración da patrulla da Policía Local que colaborou para evitar que o animal seguiría nesa situación un minuto máis así como a quen o acolleu de forma provisional na súa casa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará