Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Banda Infantil do Conservatorio preséntase en sociedade

RR_Noticias

A orquestra infantil, formada por 55 nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, ofrecerá o seu primeiro concerto este venres dentro do festival de nadal do Conservatorio Víctor Ureña

Segundo explicou a directora do centro, Elisa Arias, os rapaces interpretarán obras coñecidas e de grandes intérpretes aínda que adaptadas en dificultade á idade dos intérpretes. Para facer posible este concerto do venres os nenos están a ensaiar de xeito intensivo durante os últimos quince días, algo para o que é imprescindible contar con apoio dos pais e nais. O futuro desta “pequena” banda dependerá dos apoios institucionais que reciba, pero Elisa Arias apuntaba que xa foron convidados a actuar en Holanda dentro do festival infantil que se realiza no país dos muíños de vento. A presentación en sociedade da agrupación será no Multiusos da Xunqueira dentro do Festival de Nadal do Conservatorio o venres ás 20:30 horas. Un concerto no que tamén se subirán aos escenario o Coro de Pais e Nais e a Banda de adultos.

Elisa Arias
Presentación da banda de música infantil
Futuro da agrupación
A directora do conservatorio apunta que o futuro depende dos apoios institucionais que reciba a formación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará