Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto para o gran parque de Soutomaior pendente da súa redacción

souto parque

O alcalde, Manu Lourenzo, acusa ao anterior goberno do PP de deixar tan só “un debuxo publicitario como anuncio electoral”. Engade tamén que o seu goberno está a traballar na contratación do proxecto que servirá para dotar a parroquia de Soutomaior dun gran espazo público na contorna do concello, un parque que actuará como núcleo de centralidade na zona.

“Non existe nin proxecto, nin anteproxecto, nin memoria valorada, nin orzamento, nin nada sobre ese suposto parque que o anterior goberno de Agustín Reguera anunciara durante a campaña electoral” asegura Lourenzo quen engade que o único feito neste sentido polo PP foi “unha modificación do PXOM para expropiar parcelas sen consenso cos veciños”.

Con todo, adianta que o novo goberno está a traballar na contratación deste gran espazo público “porque é algo moi necesario para Soutomaior” e engade que “o seu goberno traballa con proxectos serios e responsables, non con debuxiños feitos á desesperada durante a campaña electoral”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará