Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contos en familia, unha proposta para os máis cativos na Biblioteca de Redondela

contacontos

A Fundación Filomena Rivero reedita a súa colaboración coa biblioteca municipal nesta ocasión cun ciclo de narración oral orientado aos máis cativos da casa. Catro actividades que terán lugar neste mes de novembro e que arrancarná este mesmo xoves día 9 coa sesión “A grandeza do pequeno” de Iseo A Moura dirixido a público a partir de 4 anos. O programa é de balde pero precisa de inscrición previa a través do correo electrónico: info@tallerabierto.gal ou no whatsapp 617340323.

A Fundación Filomena Rivero Alonso promove este ciclo de narración oral na Biblioteca Pública Municipal de Redondela. Un programa composto por catro espectáculos que terán lugar cada xoves de novembro ás 18h, a partir de mañá.

África Martínez Barreiro, Taller Abierto

A primeira das propostas correrá a cargo de Iseo Agilda, filósofa de formación, quen encamiñou logo a súa vocación cara a Educación e que chega co contacontos “A grandeza do pequeno”.

A seguinte proposta correrá a cargo de Raquel Queizás cun espectáculo orientado a cativos de 1 a 3 anos co título “A viaxe de Nano”, nunha montaxe na que a participación activa e o humor son pezas clave.

O día 23 de novembro será Anxo Moure quen nos propoña un espectáculo para nenos a partir de catro anos “Pes de lobo”, onde se transforma nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar as nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia. Un espectáculo que promove o que deben facer os nenos e nenas no seu día a día para salvar o bosque dos contos.

Rematará o programa Bea Campos con “A nena e os tres osos” unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

 Fundación Filomena Rivero Alonso é unha entidade sen ánimo de lucro que se dedica a potenciar proxectos que teñan coma fin mellorar a calidade de vida na nosa sociedade e o desenvolvemento de actividades culturais dirixidas a calquera idade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará