Magosto, música, baile e verbena centran un programa que se vai desenvolver este sábado día 11 na parroquia de Ventosela.
Unhas festas patronais que arrancarán en horario de mañá cos actos relixiosos e que contará con proceción e un pequeno concerto a cargo da banda de música municipio de Redondela. Pola noite haberá verbena amenizada pos grupo Trío 3.com e a disco móbil Chasis.
Con todo, a xornada de convivencia veciñal vivirase durante a tarde con música e baile a partir das 17:00 horas coa actuación dos grupos de baile moderno “Falcatruada” de Vilar, os grupos de baile galego e de gaitas “Airiños de San Simón” e o repertorio de clásicos do rock en galego a cargo do grupo local Refugallo Rock.
Unha xornada na que os asistentes poderán ademais degustar castañas e viños de balde.