Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A maxia dos recordos en Pazos de Borbén

RR_Noticias

A mostra fotográfica, na que se fai un percorrido pola infancia, os oficios e as tarefas do día a día nas parroquias de Nespereira, Amoedo e Moscoso da primeira metade do século XX, poderase visitar en horario de mañá ata mediados de xeneiro.

Esta mostra de fotografía antiga foi posible grazas aos grupos de maiores que participaron no 2º Obradoiro de recuperación da memoria histórica. En total 22 maiores das parroquias de Nespereira, Amoedo e Moscoso quen traballaron na recompilación das tradicións da zona  prestando especial atención a temas como: os tempos da infancia, a escola e os xogos, as tarefas do día a día e os traballos de campo como a vendima, a labranza ou o labor desenvolvido nos muíños. Uns temas que agora se abordan a través das imaxes da exposición que se pode visitar en horario de mañá ata mediados de xaneiro. Ademais das fotografías os asistentes poderán ver vídeos resumo coas sesións desenvolvidas e nas que se traballaron tamén temas como as vodas ou os actos sociais Un acto organizado pola asociación social e cultural do pensionista e polo Concello de Pazos

Raquel García traballadora social
As fotos antigas retratan os usos e costumes de tres parroquias do Concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará