Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior promociona a riqueza dos seus viños coa I xornada enoturística do concello

xornada 2

O obxectivo da actividade, que nace con vocación de continuidade, é promover un produto que para Soutomaior é básico: o albariño. Para iso contan coa colaboración das tres adegas que funcionan no concello, Noelia Bebelia, Cosecheros de Soutomaior e Quinta das Eiras, o que permitirá aos participantes coñecer de primeira man como se elabora o viño e gozar dunha cata degustación.

A ostra é sen ningunha dúbida o produto estrela no gastronómico nun concello no que hai tamén outros produto de calidade como é o albariño. Precisamente para dar a coñecer os seus caldos e poñer en valor este albariño a Concellería de Turismo, que dirixe Silvia Cernadas, decidiu organizar con gallo do Día Mundial do Enoturismo unhas xornadas que van ter lugar este domingo 12 de novembro.

Silvia Cernadas, concelleira de Turismo e Cultura

Unha actividade que se fai man a man coas tres adegas que funcionan no concello que abren as súas portas para recibir aos visitantes. Así, ademais das explicacións que os propietarios achegarán sobre como se elabora o viño, dende a vide ata o embotellado e a distribución, os asistentes tamén poderán gozar dunha cata degustación dun produto “de excelencia, cun recoñecido prestixio como é o albariño de Soutomaior”.

Un produto que viaxa a lugares de todo o mundo e que espertou o interese das veciñanza que xa cubriu todas as prazas dispoñibles para esta primeira xornada. Unha iniciativa que forma parte tamén dunha estratexia da concellería que busca “dar a coñecer o albariño e promover o turismo de experiencias, particularmente, o enoturismo” que xa está a ser explotado noutras localidades cun importante éxito e que atrae a “un turista de proximidade que valora o turismo de calidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará