Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección do documental “Non máis bágoas” no Multiusos

RR_Noticias

A codirectora do documental “No more tears, sister”, Manoja Dharmahewa participará na mesa redonda logo da proxección o domingo ás 19:00 horas organizado pola Concellería de Igualdade dentro da campaña Contra a Violencia de Xénero

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade proxecta este domingo día 20 de decembro, ás 19 horas, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, o documental ” No more tears, sister” (Non máis bágoas), da codirectora e coguionista Manoja Dharmahewa, socióloga e activista srilankesa. Esta proxección inclúese dentro da campaña de sensibilización e denuncia desenvolvida co gallo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
O documental, premiado en distintos festivais de cine internacional, narra a historia recente de Sri Lanka logo de acadar a Independencia de Inglaterra en 1948, a partir do asasinato da doutora, activista dos dereitos humanos e profesora da Universidade de Jaffna, Dra. Rajani Thiranagama. A partir de entón o conflito armado entre as forzas
gobernamentais e a Guerrilla Tamil ( LTTE) apoderase do país.
A través dos moitos escritos e testemuños de familiares da Dra Thiranagama, ex-militante do LTTE polo que foi asasinada, reflíctese o impacto dos conflitos armados nas mulleres.
No final da proxección celebrarase una mesa redonda na que participará a propia codirectora, Manoja Dharmahewa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará