Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR perde o liderado tras caer ante o Magope e o Chapela afástase dos postos de perigo

sar autnloica

Foto: Club SAR BM

A SAR sitúase no terceiro posto da categoría na Primeira Autonómioca tras sufrir esta fin de semana a primeira derrota da tempada. Mellor lle foron as cousas ao Chapela, que logrou a vitoria na súa visita ao campo do Luceros B

Magope Seis do  Nadal 27-18 SAR Plastic Omnium

Logo de nove partidos sen coñecer a derrota, o equipo de Manolón non foi quen de superar aos Magope Seis do Nadal que se impuxo claramente cun 27-18 no pavillón de Coia

Dende o inicio tal e como indican dende a SAR, foi un partido “duro e agresivo”. Os primeiros minutos vivíronse con moita igualdade (8-8, min 20), pero pouco a pouco o equipo vigués conseguiu abrir unha fenda no marcador chegándose ao descanso cun 15-12 a favor do Magope.

Na segunda parte, o pouco acerto na portaría e as inferioridades no campo sumados á férrea defensa local condenaron aos de Redondela a regresar coas mans valeiras.

Na próxima xornada o partido será na bomboneira. A Sar recibe ao Luceros B, equipo a priori asequible, xa que se atopa nos últimos postos da categoría.

Luceros B 25-29 Balonmán Chapela

Logo da importante vitoria desta fin de semana que lle permite ascender postos na clasificación ata situarse como oitavos, teñen unha complicadísima cita na vindeira xornada. Repiten fóra da casa e visitan o campo do líder o Poio Artai, equipo invicto no que vai de tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará