Foto: CD Choco
Choco 2-1 Cultural Areas
Segunda vitoria consecutiva para o CD Choco, nesta ocasión nun encontro disputado en Santa mariña ante o Areas, gañándolle así a un rival directo na loita polos postos altos do grupo. Un partido que arrancou cos visitantes mellor situados, aproximándose con perigos á portaría defendida por Iván. Con todo, sería Adri o encargado de poñer por diante aos locais con dous tantos en menos de dous minutos tras regresar dos vestiarios.
Victor González reduciu a diferenza con 15 minutos aínda por xogar, dando emoción ao encontro. Sen embargo a boa defensa do Choco evitou o empate.
O Choco xoga na vindeira semana no campo do Atios, equipos situados no sétimos e no oitavo posto da táboa.
División de honra xuvenil
Racing 3-0 Choco
O Choco non foi que de imporse na súa visita o campo do terceiro, o Racing.
Situado na sexta praza reciben na vindeira semana ao Coruxo, pechacancelas do grupo
Primeira autonómica
Arcade 3-0 Vilaboa
O Arcade logrou facerse cos tres puntos ante o Vilaboa. Unha vitoria que permite ao Arcade poñer distancia cos últimos postos da táboa. Na vindeira semana visitan o campo do Atlético Cuntis.
Segunda autonómica
Romay 0-0 Cesantes
Empate entre o Romay e o Cesantes nun partido sen goles. Pechacancelas do grupo na vindeira semana reciben ao Zacande
Soutomaior 2-1 Marín
Si logrou a vitoria o Soutomaior, equipo que na vindeira semana xoga no campo doa lama.