Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Instituto de Chapela recupera as Cantigas de Reis

RR_Noticias

Cantareiras de Laxoso e Saxamonde aprenderanlles aos alumnos do ciclo medio de Atención Sociosanitaria de Chapela esta tradición de Nadal galega para proporcionarlle aos estudantes ferramentas destinadas a crear actividades de lecer para dependentes e persoas maiores.

A tradición do Nadal galego chega ao Instituto de Chapela para axudar ás persoas maiores e dependentes a través de varias mulleres pertencentes a agrupacións que están a recuperar a tradición dos seráns e das Cantigas de Reis, como é o caso do colectivo Herba Verde de Laxoso. Dentro do programa educativo do Ciclo Medio de Formación Profesional Sociosanitaria, no seu apartado de lecer, o centro organiza esta actividade de recuperación das actividades propias da tradición do Nadal galego para proporcionarlle aos estudantes as ferramentas precisas para que no futuro poidan crear actividades para as persoas dependentes e da terceira idade, ao tempo que se recuperan tradicións da nosa cultura. As cantareiras ensinaranlles aos estudantes en que consistía esta tradición, a súa organización, así como as letras das cantigas que levaban aos rapaces daqueles tempos polas casas cantando estas cancións a cambio de cartos ou algún petisco. A actividade contará coa presenza de tres mulleres da parroquia de Laxoso, de Ponte Caldelas, e de Saxamonde, á que se sumará unha moza de Coruxo, que está a traballar na recuperación das Cantigas de Rei e dos seráns. Ademais os rapaces tamén coñecerán outras figuras propias do Nadal Galego, como é O Apalpador, un carboeiro que vivía nas zonas de alta montaña, e que baixaba nas épocas de Nadal, para desexarlle aos cativos que non pasaran fame nese ano que comezaba, e para iso deixáballes un saquiño de castañas asadas.

Mª Carmen Gil Cantigas de Rei
Unha das cantareiras que vai partipar na actividade fala desta tradición do Nadal galego
Salomé Cabaleiro actividade
Unha das mestras do ciclo medio Sociosaniario explica en que vai consistir a actividade.
Sandra Mouta alumna
Sandra é unha das alumnas deste ciclo de FP que comenta como xurdiu a idea e do seu obxectivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará