- Este evento pasou.
Programación 25N: Teatro “Golpes”
17 Novembro 2023 @ 20:00 - 22:00
O programa inclúe teatro, poesía, danza, charlas interactivas e un roteiro, ademáis da Gala Sesé
Mateo e a lectura dos manifestos elaborados por alumnado e asociacións de Redondela. A
campaña da concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, diríxese este ano especialmente á
mocidade “para que se implique contra a violencia machista”.
Os actos comezarán este venres, día 17, con programación infantil e para o público en
xeral. O auditorio do Piñeiral de Chapela acolle ás 18:30h o contacontos “Sen Medo” de Trécola
Teatro para o público infantil.
A obra de teatro Golpes, de Estíbaliz Veiga, será no auditorio da Xunqueira ás 20.00 horas para o
público xeral. Conta a historia de Pamela, unha moza que sufriu violencia machista. É un
espectáculo directo, próximo, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos
dramatúrxicos ou de escenografía. A obra está apoiada só no traballo da actriz, quen incorpora
múltiples personaxes diante dos ollos do espectador.