Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que as obras de reposición da AP-9 deixen fóra melloras reclamadas para Chapela

WhatsApp-Image-2023-11-09-at-16.03.45

Foto: Reunión informativa en Chapela

Cualifican de “decepcionante” a asemblea informativa convocada polo goberno local en Chapela para informar das actuacións previstas para esta parroquia ao non contemplar alegacións presentadas polo propio concello. Quedarían así fóra das obras a prolongación das beirarrúas dende a ponte de Trasmañó ata Río Frío, a mellora da vexetación nos diversos noiros a carón da autoestrada, a mellora na iluminación nos túneles de Río Frío ou a mellora na accesibilidade en diversas pasarelas peonís.

A Asemblea organizada polo goberno municipal coa participación de técnicos de AUDASA e da empresa concesionaria das obras supuxo, para a formación nacionalista “unha confirmación do que xa se sospeitaba: conformismo”.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González salientou tamén que non se recollen nas melloras para esta parroquias outras demandas reclamadas pola súa formación a través de 12 alegacións e quedan fóra do proxecto de reposición.

Lembran como exemplo que a pasarela de Igrexa non cumpre coa lei de accesibilidade “limitándose a resposta dende a mesa a que se mantiña o xa existente”. Tampouco se van acometer melloras no vial entre o Camiño das Laxes e Camiño de San Antonio en Río Frío, nin se tivo en conta que o carril de aceleración de entrada dende Chapela á autoestrada non é seguro.

Lamenta tamén o BNG a “escasa información sobre elementos patrimoniais de lavadoiros e fontes” e anuncian que van seguir presionando con todos os medios apra que estas obras se teñan en conta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará