A agrupación, baixo a dirección do violista e profesor cubano Armando Toledo, actuará esta tarde ás 20:00 horas dentro da programación do nadal cultural
O mulitusos da Xunqueira acollerá hoxe mércores un concerto a cargo da agrupación Camerata Viguesa baixo a dirección do violinista e profesor cubano, Armando Toledo.
Trátase dunha agrupación formada por unha orquestra infantil, con nove violíns e un violonchelo e unha orquestra xuvenil, con 16 violíns e un violonchelo que nos presentarán un repertorio que percorrerá a música barroca, clasicista e romántica ata chegar á música do século XX. Escoitaranse no concerto temas de Vivaldi, Bach e Haendel e Mozart, entre outros.