Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera afirma que se informou correctamente dos cambios no tráfico en Ernestina Otero

RR_Noticias

O responsable de tráfico afirma que se sinalaron os cortes e se habilitaron vías alternativas para facilitar o tráfico rodado. Contesta así ás críticas emitidas dende o PP quen acusaron ao edil Eduardo Reguera de dar “continuas mostras de improvisación” ao fronte da concellería
 

O concelleiro Eduardo Reguera quixo saír ao paso das críticas emitidas dende as filas populares, quen a raíz dos problemas de tráfico que se viviron no centro urbano o pasado venres por mor do asfaltado da rúa Ernestina Otero, acusaran ao edil de “improvisar” e de non informar dos cortes nas rúas nin dos itinerarios alternativos o que provocou “un auténtico caos na vila”.
Unha afirmación que Reguera nega rotundamente “xa que se lle comunicou á prensa tanto os cortes como a prohibición de circular polo centro a vehículos pesados e autobuses” e se sinalaron correctamente as vías alternativas “coa modificación do sentido da marcha tanto na Subida á estación como no Paseo da Xunqueira”.
O edil agradeceu ademais a paciencia dos veciños, quen soportaron “as incomodidades que as obras desta envergadura provocan” e engadiu que os cidadáns están satisfeitos co resultado das humanizacións, en referencia aos traballos recentemente rematados nas rúas Pai Crespo e José Regojo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará