Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O activista Mohamed Safa fala na Casa da Cultura da situación de Palestina

safa

En medio dun conflito que se ten cobrado nas últimas semanas na Franxa de Gaza milleiros de vítimas, na súa maior parte nenos e nenas, no que moitos cualifican como un xenocidio do pobo palestino por parte das autoridades israelís, chega a Redondela da mán do colectivo Sinha Paca o activista Mohamed Safa. A charla aberta a todo o público que queira achegarse será este mércores ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

“Palestina vista por un palestino” é o título dunha charla que se impartirá mañá mércores na Casa da Cultura a cargo de Mohamed Safa, médico oftalmólogo de profesión que actualmente reside na localidade galega de Corcubión malia ter nacido en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo estado de Israel desde 1967. Incansable loitador polos dereitos do seu pobo, Safa impulsou e participou en innumerables iniciativas culturais e políticas destinadas a dar maior visibilidade á causa palestina máis aló do discurso oficial e a narrativa imposta polos grupos sionistas, antisemitas e pola ultradereita. O seu activismo materializouse en numerosos artigos e conferencias, pero tamén na publicación de varios libros, entre eles: Palestina, berro pola liberdade (Do Castro, 2003) e A revolución árabe. Democracia, nacionalismo e relixión (Folla de Lata, 2017).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará