Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG amosa o seu malestar por negarse o PSOE a apoiar a moción polo 25N

jessica

A tan só uns días da conmemoración do Día Internacional contra a violencia machista, os nacionalistas queren deixar patente o seu malestar co goberno local por negarse a apoiar unha moción na que propoñían a creación do “Consello Municipal da Muller Nova” como recurso para dinamizar o actual Consello Municipal da Muller. Non é esta a única queixa do BNG respecto  desta data, xa que días atrás tamén fixeron público a través das redes a “a falta de respecto do goberno local por convidar á veciñanza a un flashmob” por considerar que “facer un baile obviando calquera tipo de reflexión sobre o machismo é unha falta de respecto ás mulleres”.

Neste sentido os nacionalistas esixían ao goberno que retirase esta iniciativa que via ter lugar o domingo 26 en Vilavella ás 12:00 horas por estar “profundamente en desacordo con esta convocatoria” na que se convida “a practicar o baile coa familia e unirse a esta celebración contra a violencia machista”. Insistían en que facer un flashmob con música animada e obviando calquera tipo de reflexión sobre o machismo “non é a fórmula correcta para recordar as vítimas da violencia machista e supón unha falta de respecto a todas as mulleres que no seu día a día sofren calquera tipo de violencia machista”.

Con todo, o malestar do BNG vai máis aló e critican que no pasado mes de outubro non obtiveran o apoio do resto dos grupos para sacar adiante unha moción en relación co Día Internacional en contra da violencia de xénero na que pedían entre outras cousas máis investimentos e novos perfís profesionais para o CIM ou a creación durante o ano  2024,  do Consello Municipal da Muller Nova que funcionaría como apéndice do Consello Municipal da Muller “un novo órgano de participación, onde mulleres novas e adolescentes dos IES de Redondela puideran formarse, debater e crear opinión en relación cos temas de actualidade”.

Argumentan desde o grupo nacionalista que “esperabamos que o PP non apoiase pero non podemos entender como partidos de esquerdas non votasen a favor deste tipo de mocións que o único que pretenden é obter máis recursos económicos, organizativos e humanos para loitar en contra da violencia machista”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará