Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Cedeira denuncia a Fenosa por cortar dez árbores da súa propiedade

RR_Noticias

Manuel Campos presentou unha denuncia no Xulgado de Redondela contra a empresa eléctrica por talar varios árbores dunha finca da súa propiedade na parroquia de Cedeira
 

Un veciño da parroquia de Cedeira ven de denunciar á empresa Fenosa por talar varios árbores dunha leira da súa propiedade. Manuel Campos denunciou ante o Xulgado de Instrucción Número 2 de Redondela a actuación dunha cuadrilla da compañía eléctrica quen a finais do pasado mes accedeu á unha finca da súa propiedade no monte da parroquia e procedeu a talar cinco carballos e cinco eucaliptos alegando que se atopaban preto do tendido eléctrico.
O denunciante nega este feito e acusa á empresa de actuar ilegalmente, accedendo a unha propiedade privada e actuando sen ningún tipo de autorización. Ademais da tala das árbores o veciño denuncia que a empresa deixou a madeira espallada pola finca o qu vai complicar a súa retirada cuxo custe é moi elevado debido ao difícil acceso a esta leira.
Manuel Campos decidiu acudir aos xulgados ante o xeito autoritario de actuar de Fenosa e para esixir que lle abonen a desfeita realizada na finca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará