Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela abandona momentaneamente as novelas para propoñernos outros xéneros menos habituais neste espazo. Fálanos de poesía cos títulos “Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas” de Luz Campello e “Materia” de Yolanda Castaño e de teatro con “As alumnas” de Paula Carballeira e “Síbaris”, libro póstumo de Domingo Villar.