O documento estratéxico, aprobado no último pleno municipal, dará garantías xurídicas ás asociacións, clubs, entes e persoas que solicitan as axudas municipais, garantindo a seguridade xurídica do Concello e dos organismos e entes que solicitan as mencionadas axudas.
O concelleiro de Facenda, Diego Moreira, explicou que este documento, redactado polos servizos técnicos municipais, abrangue seis liñas de actuación principais: Cultura; Ensino e Mocidade; Promoción Deportiva, Base e Competición; Benestar Social; Promoción Económica; e Dinamización Turística. Con estas liñas de actuación, o Plan Estratéxico de Subvencións permitirá mellorar a concesións de axudas a nivel xeral para o conxunto de Soutomaior.
O obxectivo é corrixir unha problemática de carácter legal que afectaba as asociacións, clubs, entes e persoas que solicitaban estas axudas. No caso de seguir actuando sen este plan de subvencións, isto podía poñer en risco a concesión destas axudas.