As persoas interesadas en realizar algún dos cursos preparatorios para as probas do Celga deberán realizar a presinscrición no Servizo de Normalización Lingüística de Redondela antes do 29 de xaneiro
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela informa da posibilidade de organizar no noso Concello algún dos cursos preparatorios para as probas do CELGA que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística, se houber un número suficiente de persoas inscritas.
Solicita por este motivo a todas as persoas interesadas en realizar algúns destes cursos se dirixan ao SNL a través do enderezo electrónico normalizacion@redondela.info ou no teléfono 986 402842, para consultar cantas dúbidas teñan a este respecto e para realizar a preinscrición nos mesmos.
O prazo para realizar a solicitude remata o vindeiro 29 de xaneiro, e na petición
deberán constar: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto e nivel de
coñecemento da lingua galega que posúen, ou o curso CELGA que desexan facer.
Os cursos son de acceso libre e totalmente de balde.