Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

3.000 euros en vales de compra e embalaxe reciclado para un Nadal máis sostible no comercio local

nadal empresarios

A Asociación de empresarios pon en marcha unha campaña de dinamización comercial que aposta pola sostenibilidade, o  consumo responsable e o coidado do medio ambiente como “valores íntimamente conectados co pequeno comercio”. Madeira para a decoración de Nadal e bolsas e sobres de agasallo elaborados con materiais reciclados e totalmente biodegradables serán os distintivos  desta campaña que inclúe un gran sorteo final con 3.000€ en vales de compra e que contará este ano cun sistema de participación dixital o que contribuirá a redución de consumos.

O elemento identificativo da decoración de Nadal dos establecementos asociados á campaña está elaborado en madeira como material principal en concordancia co uso de materiais sustentables e procedentes de bosques con selos FSC e PEFC que garanten a procedencia de montes xestionados de forma sustentable.

A campaña incentivará as compras con sorteos e premios. O gran sorteo final con 3.000€ en vales de compra contará este ano cun sistema de participación dixital o que contribuirá a redución de consumos. As prazas de abastos terán sorteos especiais que contarán coa colaboración do Concello de Redondela. Ambos mercados municipais, de Redondela e Chapela contarán coas promocións e por primeira vez promoverase un sistema de participación mixto para os sorteos de forma que se poderá participar tanto online como offline.

Durante as semanas centrais de Nadal a campaña, desde o 15 de decembro ao 5 de xaneiro, semanas onde o empaquetado de agasallos supón un importante sobre custe para os establecementos, a Asociación distribuirá entre os comercios material de packaging elaborado con materiais reciclados e totalmente biodegradables como bolsas e sobres de agasallo co obxecto de axudar ao comercio local e contribuír a posta en marcha de accións de sustentabilidade.

Estas accións desenvólvense no marco do proxecto de dinamización comercial do Centro Comercial Aberto de Redondela e xestionado pola Asociación de Empresarios e que veñen contando co financiamento e apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará