Baixo o nome “Aquí sí hai quen escriba”, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, dan comezo a un novo ciclo de actividades patexadas en formato de reunións ou charlas periódicas onde presentar libros, propostas editoriais e outros proxectos que xorden da creatividade da veciñanza. A primeira das propostas que se presentan é a de Lorena Santervás, redondelá e usuaria das bibliotecas da localidade.
“Mi muerte, el Infierno y Ella” é a primeira novela de Santerbás descrita como unha historia de corte romántico e tinguida de elementos fantásticos. A sinopse xira en torno a Adrián, un mozo atractivo, áxil, carismático e disposto a comerse o mundo. Non ten ningún tipo de escrúpulo á hora de enganar ás mulleres para obter delas o que quere. Ata que coñece a Helena. Tras unha primeira cita na que Adrián saca o seu lado máis escuro, cae sobre el un castigo divino. Esta vez hai moito en xogo: a súa propia alma. Este castigo cambiará para sempre a súa forma de ver a vida e forxará unha nova relación entre ambos.
Dende a xestión desta programación expresan a súa intención de ofrecer as bibliotecas como “espazo de encontro, inspiración e cofre de experiencias”, para dar a coñecer a creatividade dos nosos conveciños e conveciñas.
Esta primeira charla e presentación será o 14 de decembro ás 20:00h na Biblioteca Xela Arias con: “Mi muerte, el Infierno y Ella” de Lorena Santerbás.