- Este evento pasou.
Presentación libro de Lorena Santervás
14 Decembro 2023 @ 20:00 - 21:30
Baixo o nome “Aquí sí hai quen escriba”, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, dan comezo a un novo ciclo de actividades patexadas en formato de reunións ou charlas periódicas onde presentar libros, propostas editoriais e outros proxectos que xorden da creatividade da veciñanza. A primeira das propostas que se presentan é a de Lorena Santervás, redondelá e usuaria das bibliotecas da localidade coa súa primeira novela “Mi muerte, el Infierno y Ella” unha historia de corte romántico e tinguida de elementos fantásticos.
Esta primeira charla e presentación será o 14 de decembro ás 20:00h na Biblioteca Xela Arias con: “Mi muerte, el Infierno y Ella” de Lorena Santerbás.