Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Mulleres contan: Débora González Rodríguez

Se hai un sector feminizado é aquel que está vinculado cos coidados. Nese sector traballa Débora González Rodríguez, educadora social na Asociación Lenda Saúde Mental. Denuncia o precarizado do seu sector “de feito chego a Lenda tras un conflito laboral potente nunha empresa”. “Estou nunha profesión de mulleres e, como tal, unha profesión precarizada, son dúas cousas que a día de hoxe aínda van da man”.

Traballa con usuarios e usuarias a quen acompaña no seu día a día co obxecto de que sexan máis autónomos e tamén nese eido atopa diferenzas en canto ao sexo. No acceso aos servizos e aos recursos hai máis homes que mulleres, pero “non porque elas padezan menos deste tipo de enfermidades senón porque elas tradicionalmente quedan na casa mentres que eles si reciben esa atención”.

Falamos de todo isto no espazo “As mulleres contan. Percorrendo camiño” en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp