Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medalla para o equipo do IES Illa de San Simón na Olimpíada científica de Tailandia

olimpiadas cientificas

O equipo “Os raios de Redondela” integrado por Carla Acosta, David Lago e Rubén Lago, alumnos do IES Illa de San Simón veñen de conseguir unha medalla de bronce na Olimpiada científica internacional celebrada estes días en Bangkok (Tailandia) onde, acompañados da profesora Tania Martínez, representaron a España fronte a outras 54 delegacións procedentes de todo o mundo.

Os tres rapaces fixeron realidade o seu soño de participar na fase internacional que arrancou o pasado 1 de decembro. Á espera de que regresen de Tailandia xa se coñece que o equipo non virá coas máns baleiras tras conseguir unha medalla de bronce. Durante esta longa semana Carla, David e Rubén asistiron xunto a outros 3 rapaces de Castela e León, e rapaces e rapazas doutros 54 países do mundo á Inauguración oficial das Olimpiadas Internacionais Xuvenís de Ciencia, acto presidido pola princesa de Tailandia, e enfrontáronse ás diferentes materias nas que competían con probas de física, bioloxía, química e matemáticas.

A participación nesta actividade, explican dende o Centro educativo, conta co financiamento da Xunta de Galicia, a Direccion provincial de Educación de Salamanca e a Junta de Castilla y León e o Colexio de Físicos (COFIS).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará