Foto: FS Redondela
Os responsables do Redondela FS amosan o seu orgullo polos éxitos acadados polos máis pequenos do club durante esta semana na que varios dos seus xogadores participaron coa Selección de Vigo no Campionato Galego de Seleccións Comarcais.
O día seis participaron na Fase Previa celebrada en Marín clasificándose todos eles para a Fase final celebrada onte en Narón. Lucas, Pablo e Iago disputaron a fase final Benxamín contra a selección de Santiago facéndose coa vitoria cun contundente 5-0, con 2 goles de Pablo e 1 gol de Lucas. Os tres xogadores, salientan dende o Club “participaron de forma activa durante todo o torneo sendo pezas clave dentro do grupo”.
Papel tamén salientable para Martín que logrou chegar ás semifinais coa selección de Vigo Infantil, perdendo esta semifinal contra Ferrol por un axustado 3-2. Martín é xa un habitual destas competicións e unha vez máis amosou o seu compromiso e calidade dentro e fora da pista.