Os populares entenden que se trata dun fraude electoral e critican que a totalidade dos cartos do novo Plan E se invistan en unha única obra “cando a parroquia ten outras necesidades máis urxentes como unha gardería ou un pavillón”
A voceira do PP en Redondela Francisca Canal acusa ao goberno local de fraude electoral por prometer aos veciños un spa “cando o que realmente van realizar é unha piscina”.
Critican ademais que todo o orzamento do novo Plan E vaia destinado a este proxecto cando existen outras melloras máis necesarias na parroquia”. Lembran por exemplo a carencia dun servizo de gardería ou dun pavillón deportivo así como obras de mellora en camiños e alumeado, “necesidades máis urxentes nunha parroquia cun elevado índice de poboación”.
Dende o PP arguméntase a súa decisión de absterse na comisión de adxudicación da obra do complexo náutico deportivo debido a que ” “non víamos claros os informes técnicos nin tampouco a viabilidade do proxecto”.
Os populares aproveitan tamén para facer un balance dos cartos recibidos dende as diferentes administracións e do seu uso, Afirman que foron máis de 12 millóns de euros, procedentes das dúas axudas do estado, do Plan Anticrise da Deputación e do préstamo solicitado “cun resultado máis que lamentable: as únicas actuacións que realizaron foi levantar beirarrúas e prometer unha piscina, unha promesa que pode levar o mesmo camiño que o famoso auditorio de A Marisma, que despois de tantos anos prometendo unha obra deciden non executala” conclúe Canal.