Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco empata cun rival directo, o Céltiga

choco

Choco 0-0 Céltiga

Reparto de puntso en Santa Mariña no partido disputado onte da Preferente Galicia. O Choco recibía a un rival directo, o Céltiga e malia que ambos equipos contaron con oportunidades para adiantarse no marcador, a falta de acerto deixou o partido nun empate sen goles.

O encontro arrancou con bo pé para os locais que levaron a iniciativa e no primeiro minuto estrelaron un balón contra o pau, con todo o marcador non se movería nin antes nin despois do descanso. De feito, logo do paso por vestiarios, os redondeláns regresaron co obxectivo de ir a polos tres puntos e causaron maior perigo na portería rival, pero non foi posible subir ningún tanto.

Un empate que sabe a pouco e que deixa aos de Redondela na quinta posición da categoría. Na vindeira semana xogarán no campo do Moaña.

Choco 0-1 Sporting

Na División de Honra Xuvenil o Choco non foi quen de superar a un dos equipos fortes do grupo, o Racing, que se impuxo pola mínima nun partido disputado en Santa Mariña.

Na vindeira semana xogan no campo do Covadonga, rival directo dos de Redondela.

Segunda Galicia

O Cesantes afúndese na Segunda Galicia e o Soutomaior suma

Soutomaior 5-1 Xil

Os de Soutomaior lograron facerse co encontro nun partido disputado na casa e no que se impuxeron claramente ao Xil por 5-1. A próxima cita será tamén en Soutomaior, recibirán a un rival directo, o Cobres.

Sanxenxo 1-0 Cesantes

A situación complícase cada vez máis para o Cesantes. Segundos pola cola caían ante un dos equipos forte do grupo, o Sanxenxo. Na vindeira semana reciben a outro equipo moi necesitado de puntos, A Lama.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará