Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP cualifica de “intolerable” que o Concello pague o personal de confianza do BNG

candidatos-2-q6w0veiwzs4qgt456fi456nzdvgt4ewr8bvu468m88

Os populares critican a contratación de Elsa Quintas como persoal eventual ao servizo do BNG no Concello de Redondela. Unha contratación que cualifican de “pago de favores de Digna Rivas aos nacionalistas por ter apoiado a súa investidura”.
O Boletín Oficial da provincia recolle o nomeamento de Elsa Quintas –número 4 da lista do BNG por Vigo- como persoal eventual, cunha xornada parcial e unha retribución anual bruta de 16.200 euros.
Dende o grupo municipal do PP consideran que con este nomeamento “Rivas está a pagar unha nómina cos cartos dos cidadáns redondeláns só por conservar a cadeira de alcaldesa” e acusan ao BNG de empregar Redondela como porta xiratoria ao non acadar os 4 concelleiros en Vigo nas últimas eleccións “e quedar Elsa Quintas sen posto en Vigo colócana en Redondela a cambio de que o BNG levantara a man para votar como Alcaldesa, a Digna Rivas”.
Criticna tamén os populares que o Bloque renunciase a formar parte do goberno “pero esixan que os veciños de Redondela lles paguen un persoal de confianza, para facer o traballo, que teñen que facer os 3 concelleiros do BNG na oposición”.
“É inadmisible e intolerable que nestes tempos teñamos que pagar entre todos a nómina de alguén a cambio de favores políticos. E por riba, de alguén que vai na lista do BNG por Vigo. É moi difícil de entender que se poida chegar a este esperpento”, conclúen os populares.
Contencioso do PP
A contratación do persoal de confianza foi aprobada en pleno cos votos en contra do PP quen levaron esta cuestión aos xulgados presentando un contencioso administrativo. Dende o Bloque critican que Javier Bas “pretenda xudicializar a vida política do concellos, obstaculizando acordos entre as forzas políticas” e instan á alcaldesa a que aparte ao avogado municipal deste contencioso presentado polo PP “pola súa manifesta dilatada amizade con Javier Bas, neste caso o denunciante”. Entenden que esta relación de amizade co voceiro dos populares “non garante unha boa defensa dos acordos BNG-PSOE” segundo afirma o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González Campo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará