Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III edición do concurso de maquetas Millo Verde

RR_Noticias

Os grupos ou solistas interesados en participar deben presentar tres cancións de composición propia antes do 15 de marzo. O gañador obterá o dereito a formar parte do festival que se celebre a mediados de xuño e recibirá 300 euros.
 

O colectivo Millo Verde organiza por terceiro ano o concurso de maquetas no que poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galicia ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico.
O prazo de inscrición abriuse o pasado 15 de xaneiro e finalizará o 15 de marzo.
Os traballos constarán de tres cancións de composición propia encadrados en calquera estilo musical. Ditos traballos terán que ser remitidos en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica na que se faga referencia aos compoñentes do grupo, estilo, procedencia e concertos realizados. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail e persoa de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persoa ao enderezo:
Concurso de maquetas MILLO VERDE
Eduardo Blanco Amor, 11 3ºE
36800, Redondela
De entre todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar o 10 de Abril de 2010. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto.  O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará