Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Canario revalida o liderado cunha nova vitoria ante o Covadonga

RR_Noticias

O encontro disputado en Chapela rematou co resultado de 43 tantos a 36 a favor dos de Chapela. A Sar pola contra caía na súa visita a Porriño nun partido que rematou co marcador de 39 tantos a 36
 

O Canario Cathering continúa imparable en primeira nacional masculina e volveu demostrar por qué é líder da categoría. Nesta ocasión non perdoou ao colista, o grupo Covadonga e sumou a súa duodécima vitoria nun partido disputado o sábado en Chapela. Encontro que rematou co rotundo resultado de 43 tantos a 26 a favor dos locais.
Na vindeira semana o Canario xoga fora da casa pero ante un rival moi inferior, desprázanse á casa do penúltimo na clasificación, o Gaeva Bueu
A Sar pola contra non consegue meter a primeira e perdeu no partido disputado no pavillón de o Porriño. Os dous equipos loitaron por acadar os puntos en xogo xa que se atopan nunha situación difícil cada vez máis preto da zona baixa da táboa. Dentro da igualdade e o equilibrio de forzas, foi o Porriño quen se quedou cos puntos ao lograr a vitoria por 39 tantos a 36
A SAR comeza a achegarse a postos perigosos, son décimos unha posición que tentarán remontar no partido que disputarán na bomboneira na vindeira fin de semana. Reciben na casa ao Calvo Xiria, quen se atopan dous postos por riba dos redondeláns

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará