Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco afianza o liderado en Celanova

RR_Noticias

A vitoria dos redondeláns por 0-3 consolídaos na parte alta da táboa, o que os sitúa como serios candidatos para o ascenso a Terceira División . Triunfo importante tamén para o Chapela que tamén se coloca na parte alta da táboa como aspirante ó salto de categoría.

Rexional Preferente Celanova 0- Choco 3 O Choco aproveitou o acerto de Aitor Gómez para golear en Celanova e reforzar o seu liderado. Aitor abriu o marcador na segunda metade de xogo e ampliou vantaxe 5 minutos despois. O terceiro tanto foi obra de Vicente no último minuto. O Celanova, que viña de gañar na Estrada, non tivo sorte na primeira metade, desaproveitando algunha oportunidade, e os de Redondela, que na segunda parte foron claramente superiores, non deixaron pasar as súas opcións, explotando o acerto goleador de aitor Gómez, que marcou dous tantos en cinco minutos. O Choco ponse así a 2 puntos do segundo clasificado, que agora é o Porriño, e prepárase para un encontro contra un rival directo, xa que vai recibir en Santa Mariña a outro dos equipos que loitan polo ascenso, o Portonovo. Este equipo é actualmente 3º, ven de gañarlle ó Estradense, e está a tan só 3 puntos dos redondeláns. A cita do domingo, polo tanto, servirá, en caso de vitoria local, para afianzar aínda máis o liderado. De non ser así a parte alta da táboa quedaría moi igualada. Primeira autonómica Nigrán 5- Arcade 0 O Arcade caeu esmagado diante do Nigrán. O líder do grupo demostrou a súa superioridade no terreo de xogo e deixou ós de Soutomaior sen opcións. A derrota deixa ó Arcade na parte baixa da táboa. A próxima xornada recibirán na casa ó A.Traviesas, equipo da metade da táboa. Segunda autonomica Chapela 4- Sárdoma 2 Intuíase un partido interesante entre dous equipos candidatos ó ascenso, e así foi. Moitos goles nun encontro no que se adiantou o Chapela con goles de Jesús e Adrián na primeira media hora de xogo. O Sárdoma conseguiu remontar o encontro cun tanto antes do descanso e outro xa na segunda parte, o que lle deu emoción e tensión ó encontro. Pero o Chapela impuxo o seu bo xogo e volveu adiantarse no marcador cun gol de Jesús, no min. 70, que facía o 3-2. Xa no min. 78, tan só oito minutos máis tarde, Rucho sentenciaría xa o encontro poñendo o 4-2 definitivo. Con este resultado o Chapela afianza o seu posto como segundo da táboa, por detrás do S.Guardés, líder que supera en 7 puntos ós de Redondela. E será precisamente na Guarda onde o Chapela teña que defender a súa posición na próxima xornada. Un partido moi difícil ante un líder consolidade que ven de golear ó Xinzo. Terceira autonómica Cesantes 1- Gondar 2 Derrota do Cesantes por un Gondar que se consolida como un dos equipos máis forte do seu grupo. Os de Redondela son agora 7º na táboa. Na próxima xornada terán ocasión de mellorar a súa situación xa que xogan na casa dun dos equipos máis frouxos do grupo, o Portonovo, que é colista e suma só un punto nas 19 xornadas. Nespereira 0 – Crecentense 9 O Nespereira foi varrido polo Crecentense, que saíu a por todas. Os locais limitáronse a tentar evitar a goleada, pero non o conseguiron, e saíron máis que goleados do seu campo, demostrando unha vez máis porque son os colistas do seu grupo. Os redondeláns seguen sen levantar cabeza e tan só suman 3 puntos en 18 xornadas. Na próxima cita recibirán ó Cumiar. Arcade 0- Sampaio 3 A derrota deixa ó Arcade no 8º posto da táboa, mentres o Sampaio sobe á 4ª praza. A próxima xornada o Arcade xogará no campo do Caroi, un dos equipos da parte baixa da táboa. O Soutomaior, a pesares da xornada de descanso deste domingo e contar cun partido menos, é 3º clasificado, e despois deste descanso xogarán no campo do Bueu, un dos equipos fortes deste grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará