Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rei entende que a instalación dos talleres de Renfe en Redondela “da prestixio” ao concello

RR_Noticias

O alcalde asegura que as tres obras máis importantes para o Concello a día de hoxe están xa en trámite: a estación ferroviaria de Os Eidos, a autovía A-59 e o traslado dos talleres da empresa ferroviaria a Redondela.

A estación de tren de Os Eidos, “que permitirá desprazarse de Vigo a Redondela en tan só cinco minutos e que podería ser unha realidade no 2015” segundo as estimación do alcalde, a polémica autovía A-59 que comunicará Vilaboa co aeroporto de Peinador e o traslado dos talleres de Renfe dende Vigo, son para Xaime Rei tres actuacións fundamentais que suporán un cambio cualitativo no municipio a curto ou medio prazo. A adxudicación a pasada semana das obras de construcción dunha nave de 210 metros de lonxitude nos terreos da actual estación de Redondela para almacenar o material das obras do AVE e converterse no taller de todo o sur de Galicia é, segundo o rexedor “unha importantísima noticia porque da prestixio ao municipio e favorecerá o comercio e a hostalería local” As obras adxudicadas polo Ministerio de Fomento a Unión Temporal de Empresas custarán case 11 millóns de euros. O proxecto inclúe a construcción dunha nave para almacenar o material das obras do AVE e tamén a mellora dos accesos á estación redondelá, co pavimentado da estrada e o aparcadoiro. A nave acollerá oficinas, almacéns, comedores e aseos para os traballadores, ademais de espazo para o material técnico especializado para as obras ferroviarias. Isto suporá cambios na estación de Redondela e nos seus accesos. Modificarase a cabeceira do lado de Vigo para permitir o acceso dos trens  aos talleres e tamén a electrificación das novas vías.

Xaime Rei
O alcalde afirma que a obra da pretixio ao concello e traerá consigo maior movemento comercial e hostaleiro
Unha triloxía
para o rexedor a obra máis importante é a estación de Os Eidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará