Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O trompetista holandés Ruud Breuls ofrece un concerto no Multiúsos da Xunqueira

festival

A cita está enmarcada dentro da cuarta edición do Festival Internacional de Big bands de Redondela que organizan a orquestra de saxos e a Xingro’s Big band do Conservatorio de Redondela. O concerto do trompetista holandés Ruud Breuls, membro da WDR Big Band terá lugar mañá martes ás 20:00 horas. Actuará en solitario e acompañado do resto das formación do centro educativo.

O festival está integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio de Redondela como escola asociada á Unesco desde 2018. Nesta ocasión contará coa presenza do gran mestre e trompetista holandés Ruud Breuls, membro da WDR Big Band, recoñecida formación musical a nivel mundial.

A iniciativa ofrecerá distintas clases de formación técnico musical e instrumental impartidas por Breuls no Conservatorio Victor Ureña en horario de mañá e tarde, dirixidas especialmente a todo o profesorado do centro así como para todo o alumnado. As xornadas concluirán cun gran concerto o día 19 de DECEMBRO , ás 20.00 horas, no auditorio do Multiusos da Xunqueira, onde os asistentes gozarán de forma gratuíta de Ruud Breuls como solista, acompañado pola Chouque Big Band, a Orquestra de Saxos e a Xingro’s Big Band.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará