Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Condena rotunda da SAR á violencia no ámbito deportivo

346787384_719806936564200_7363032985291271400_n

Foto de Patry Rivas

A raíz do acontecido o pasado domingo, cando unha afeccionada comezou a poñerse agresiva  durante un partido do equipo alevín no Pavillón da Bomboneira, tanto a directiva como o equipo técnico da SAR son contundentes nas súas declaracións condenando “calquera tipo de violencia no ámbito deportivo”.

O partido enfrontaba ao “Sar Nosatún” e o “Contrucciones El Hogar Balonmán Cañiza”, equipos da categoría alevín que abranguen xogadores entre os 11 e os 12 anos. Durante o mesmo, unha das nais da grada  ameazou de forma repetida ao árbitro o que provocou a paralización do xogo, a retirada dos xogadores aos vestiarios e o desaloxo do pavillón. Verónica Posada, adestradora do equipo de División de Honra Prata Feminina, denuncia o acontecido e resalta a “importancia de educar en valores deportivos”, algo que dende a SAR intenta inculcar a todas as categorías, “comezando por ‘Biberón’ que está formada por nenos e nenas a partir dos 3 anos”.

Verónica Posada

A  adestradora define o “mal momento vivido no polideportivo” como unha situación de “nerviosismo para os nenos que non querían continuar xogando” e engade que “non ten cabida a violencia neste entorno e moito menos ante xogadores cativos de categorías inferiores aos que hai que inculcar valores deportivos”.

Verónica Posada

A xornada do domingo continuou con normalidade unha vez comezou o partido das infantís, programado inmediatamente despois. Manuel Fernández, adestrador do equipo de Primeira Autonómica Masculino, explica que a muller en cuestión era coñecida na contorna da Cañiza e “xa provocara algún altercado con anterioridade”.

Manuel Fernández

O técnico é determinante coa súa opinión tachando a situación de “lamentable” e súmase tamén a condena por parte do club e da Federación por “quitarlle o dereito aos nenos e nenas de pasalo ben nun ambiente deportivo”. Os rapaces remataron disputando o último dos cuartos pendentes a porta pechada e co recinto baleiro de público.

Manuel Fernández

A Federación expón que, coa finalidade de afastar estes comportamentos do balonmán galego, procederán a dar traslado de toda a información que teñen na súa poder ao Comité Territorial de Competición e á Comisión Galega de Control da Violencia no Deporte.

Amosan ademais o seu total apoio ao colectivo arbitral e agradecen tanto á SAR como ao Club Balonmán Cañiza a colaboración dos seus corpos técnicos e directivas,  así coma a condena inmediata e contundente dos feitos. Conclúen o comunicado cun non rotundo “á violencia no deporte, non a normalizar os insultos e as saídas de ton, non a ir aos pavillóns a facer que outra xente non desfrute do balonmán e non a mirar para outro lado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará