Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela viaxa á Guarda disposto a recortar distancias co líder

RR_Noticias

O equipo redondelán é actualmente o segundo clasificado, a 7 puntos do cabeza de grupo, o Sporting Guardés. Despois da vitoria do pasado domingo, o Chapela é un dos claros favoritos para o ascenso.  

Segunda AutonómicaOs de Luis Ferreira viaxan á Guarda coa moral ben alta, despois da vitoria sobre o Sárdoma por 4-2. O rival é, sen dúbida, moi duro, pero os chapeleiros sairán ó terreo de xogo para gañar o partido, non só para recortar distancias co líder, senón tamén para seguir mantendo distancias co terceiro da táboa. Na Guarda os locais de seguro que sairán tamén a facer o seu mellor xogo e demostrar diante da súa afección por qué son líderes. Farano ademais coa inxección de moral que dá o feito de ter goleado no terreo do Xinzo. E os de Redondela van dar a batalla. O equipo está moi reforzado este ano, conta con xogadores moi completos como Jesús, Adrián ou Rucho, e coa ventaxa de dispoñer de suficientes relevos no banco. Un cadro compensado que, segundo o presidente do club, José Luís Ballesteros, aspira a dar o salto á categoría de 1ª Autonómica.

Jose Luis Ballesteros presidente
O presidente fala do equipo como dun bloque en compensado.
Sporting Guardés-Chapela
Ballesteros aposta por unha vitoria na Guarda
Ascenso a 1ª Autonómica
Aínda que con prudencia o presidente fala das opcións que ten o Chapela de dar o salto de caegoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará