Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do IES Chapela repoboa os montes da parroquia

montes chapela

A actividade estase a desenvolver nunha parcela da Comunidade de Montes da parroquia e ten como obxectivo poñer en valor este espazo natural e concienciar sobre a importancia de  coidar o medio ambiente. En total está previsto que se planten un cento de árbores, todas especies autóctonas doadas polo Concello.

Uns 60 rapaces e rapazas de 3º da ESO da IES Chapela están a traballar estes días nos montes da parroquia co obxecto de repoboar un terreo de 20.000 metros cadrados cedido pola Comunidade de Montes Chapela. O seu presidente Francisco Puch puxo en valor a iniciativa que permite tamén que o alumnado coñeza este espazo e saiba da relevancia de coidar o monte comunal “un pulmón de osíxeno que serve para loitar contra o cambio climático”.

Francisco Puch, Comunidade de Montes de Chapela

 A parcela en cuestión, no lugar de Parada, contará agora con castiñeiros, nogueiras, abeleiras, bidueiros, maceiras e ameixeiras, preto dun cento de árbores cedidas polo Concello que servirán tamén para poñer en valor unha zona de especial valor natural e etnográfico. Así o salientaba Álvaro Diego Fuentes, da empresa Tarabelos, quen guiou á rapazada por estes montes cunha ruta a pé desde o instituto polo río Pugariño ,poñía en valor que este tipo de iniciativas que transforman a zona e permiten “que a rapazada aprenda a identificar diferentes especies arbóreas, dende as froiteiras ás árbores típicas de ribeira”.

Álvaro Diego Fuentes, empresa Tarabelos

Os concelleiros de Sostibilidade, Roberto Villar, e o de Ensino, Iván Valles, visitaron onte o lugar e adiantaron que a zona vai sinalizarse cun panel informativo para dar a coñecer este proxecto, “xa que no futuro será unha área que a veciñanza poderá usar como espazo de lecer”.

Roberto Villar, edil de Sostibilidade
Iván Valles, edil de Ensino
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará