Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén abre o prazo para inscribirse nun curso gratuíto de Atención Sociosanitaria no domicilio

atención

O curso conta con 60 horas de formación e impartirase na casa do concello dende o 15 ao 26 de xaneiro en horario de tarde, dende as 16:30 horas ás 20:30. As persoas interesadas poden inscribirse no enderezo enedina@idades.es ou no teléfono 986854996.
A empresa Idades e o Concello de Pazos porán en marcha a mediados de xaneiro un novo curso de formación destinado á atención sociosanitaria a persoas nos domicilios. Unha iniciativa que ten como obxectivo ofrecer ferramentas para a inclusión no mercado laboral de aqueles persoas que teñan interese neste sector dos coidados ou, en xeral, ofrecer formación que lles permita aos participantes atender a persoas dependentes que viven no seu fogar.
Así, haberá unha parte teórica e outra práctica en empresa e aprederáselles aos alumnos a desenvolver intervencións para mellorar a autornomía persoal e de relacións co entorno de persoas que presentan necesidades específicas pola súa saúde física ou psíquica.
Dende o concello anímase as persoas desempregadas ou que desexen traballar neste sector a inscribirse neste curso que ten “unha alta porcentaxe de empregabilidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará