Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) lembran que a súa organización leva tres anos advertindo que a tramitación dos parques eólicos era “irregular”. Logo de que os tribunais lle desen a razón seguen coa campaña “Ti podes paralos!” para recadar fondos cos que seguir loitando nos xulgados contra outros parques eólicos que están en tramitación e que atentan contra o patrimonio natural de Galicia. Un dos desafías que plantexan dentro desta campaña finalizou cun éxito de participación de case 2000 persoas e conseguindo recadar para recorrer 30 dos 75 parques eólicos que a Xunta de Galicia tramitou en abril deste ano 2023. Seguen abertas varias liñas de doazón na páxina web: Ti podes paralos!