A figura feminina e as cores luminosas son os trazos distintivos dos cadros que ata o vindeiro 17 de febreiro se poden ver no Multiusos da Xunqueira
A pintora porriñesa Nuria Vilanova leva ao edificio da Xunqueira a súa arte figurativa, onde a figura feminina cobra especial relevancia. Imaxes suxestivas que acadan maior luminosidade co uso de cores vivas como o vermello, o laranxa ou o amarelo. Amante das técnicas mixtas, a artista opta polo óleo sobre lenzo pero incorporando en moitas das súas obras o uso da area do mar axeitadamente tratada que permite a creación de texturas diferentes e de maiores volumes. Nuria Vilanova actualmente reparte o seu tempo entre o seu taller, a docencia en varios colexios e colabora tamén nun proxecto de integración para nenos e nenas, onde dispensa clases gratuítas de pintura, na asociación O Porriño Arte. Un proxecto ambicioso no que participan 30 nenos e que ten xa cinco anos de historia. A exposición Intres-máxicos pódese visita ata o vindeiro 17 de febreiro no Multiusos.