Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras alertan da dramática situación do sector en Cesantes cunha mortandade en torno ao 90%

maricsdoras

A morte de ameixa, tanto fina como xapónica, así como do berberecho e o longueirón, este último practicamente desaparecido na praia de Cesantes, fai perigar o sustento das máis de 80 mariscadoras que traballan no sector en Redondela. Esixen medidas de cara a reverter unha situación que vén de lonxe e que é consecuencia de múltiples factores.

A presidenta da asociación de mariscadoras, Ana Belén Sotelino confirma a complicada situación que están a padecer as traballadoras do mar que dende hai un par de anos ven como hai zonas pechadas porque non hai marisco e outras nas que o marisco que había morreu practicamente na súa totalidade.

Entende que as causas detrás desta situación son multifactoriais, por unha banda as fortes chuvias dos últimos meses e sobre todo a apertura dos encoros que fixo que chegara moita cantidade de auga doce ao mar nun período moi breve de tempo, pero tamén o cambio climático que se traduce en temperaturas da auga que nunca se detectaran na enseada con valores moi altos e a  falta de correntes na enseada “da que levamos alertando dende hai tempo sen que ninguén adopte medidas”. Todo iso, explica Sotelino “tradúcese en que o recurso se estrese, non desove e acabe morrendo”.

Ana Belén Sotelino, presidenta das mariscadoras

Tras o cese na actividades marisqueira durante o verán -dende xullo a outubro- no que se pecharon as zonas de marisqueo precisamente porque non había moluscos, o retorno ao traballo en novembro non foi como esperaban. “Tras un mes de chuvia continuada constatamos a caída dramática do marisco que a día de hoxe deixa cifras de mortandade nunca vistas.

“O longueirón estaba todo morto en torno ao 99%, algo que nin as máis veteranas lembran nesta zona, a ameixa xapónica está no 84% de mortandade cifra que chega ata o 90% no caso da ameixa fina mentres que o berberechos está practicamente perdidos cunha mortandade que se sitúa en torno ao 98%”.

Lamentan que malia os grupos de traballo que poñen en marcha as administracións non se acometan medidas concretas e reais de cara a solucionar un problema que vaia a máis.

Do marisco só quedaron as cunchas
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará