Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do IES de Soutomaior reclama melloras nas instalacións e máis medios para a atención á diversidade

ies souto

Pais e nais da asociación “Facendo Camiño” do IES de Soutomaior denuncian a falta de resposta da Administración Educativa ás súas demandas que buscan resolver as deficiencias que presenta o centro educativo, tanto a nivel de instalacións –con pingueiras no ximnasio que xeran un ambiente insalubre- como de atención á diversidade.

A situación actual segundo explican deriva en graves problemas de masificación nas aulas (debido a ratios que rozan o límite máximo mentres que a dimensión das aulas se axusta ao mínimo requirido), falta de persoal especializado na atención ás necesidades especiais, sobrecarga de traballo no profesorado e aumento das situacións de incapacidade temporal.

Critican que a inspección educativa denegara a concesión dun Plan de Diversificación Curricular (PDC), unha das poucas medidas das que pode facer uso o centro xa que non supón custe engadido para administración. Esta denegación que aseguran “non está xustificada conforme á lexislación vixente e trasladada xusto ao inicio do curso” obrigou a reestruturar as aulas e os horarios do alumnado co curso xa empezado.

Engaden que malia ter remitido tres escritos á Xefatura Territorial de Pontevedra, dende a administración non obtiveron resposta polo que decidiron poñer en coñecemento do conselleiro de Educación a situación do IES de Soutomaior e o malestar das familias “negándosenos lexitimidade para intervir como parte interesada”.

Finalmente critican que tras publicarse o investimento que a Consellería de Educación prevé para varios IES de Redondela e Pontevedra “comprobamos unha vez máis que o IES de Soutomaior non ve atendidas as súas demandas, especialmente as que precisan dunha atención máis inmediata, como as pingueiras do ximnasio (xa notificadas o curso pasado), que xeran un ambiente insalubre no espazo no que o alumnado realiza deporte”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará