Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novas instalacións no Centro da Terceira Idade

RR_Noticias

O centro sociocomunitario inicia unha nova andaina coas súas instalacións renovadas Investíronse un total de 155.000 euros nunhas obras que se prolongaron durante catro meses e que serviron para mellorar a accesibilidade e funcionalidade do centro.

Os traballos, realizados durante os últimos catro meses por valor de 155.000 euros,  consistiron na reforma integral da cafetería, a construcción de dúas novas salas de actividades no primeiro andar así como a creación dunha nova sala para televisión e a remodelación do espacio dedicado a biblioteca. Reforzouse ademais a estrutura da cuberta exterior e instalouse un novo sistema de climatización. A inauguración oficial tiña lugar o pasado venres nun acto no que estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, quen destacou que o obxetivo da actuación “é mellorar a accesibilidade e funcionalidade do centro social para que todos os usuarios e usuarias disfruten das instalacións e das actividades que alí realizan”. No transcurso do acto, que contou coa actuación do grupo de corda Balt Cuartet, entregouse o premio ao finalista do primeiro certame de pintura que o centro decidiu organizar este ano e que recaiu na obra “pan, viño e xamón-” de Manuel Alonso Martínez.

Lucia Molares delegada da Xunta en Vigo
Molares destacou a mellor acesibilidade do centro sociocomunitario logo das obras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará