Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Partido conservador e sen goles en Santa Mariña

RR_Noticias

O Choco e o Portonovo empataron a ceros un encontro no que os dous rivais xogaron temerosos e con medo a perder. O reparto de puntos foi dado por bo por parte dos dous equipos, e os de Redondela manteñen o liderado.

Rexional Preferente
Choco-Portonovo 0-0
 
Partido sen goles en Santa Mariña, nun encontro no que os dous rivais foron moi conservadores. Ningún deles quixo arriscar. a explicación podemos tirala da situación que os dous equipos teñen na táboa. Tanto para o choco, líder do grupo, como para o Portonovo, que aspira tamén ó ascenso, o importante era non perder. Na primeira parte os de Julio Álvarez controlaron o encontro, cunha ocasión de gol ós 10 minutos para Aitor Gomez, pero o balón saíu moi alto
Na segunda metade os equipos saíron con algo máis de disposición para facerse co partido, con outra ocasión para os locais, unha fermosa xogada de Kennedy que disparou a porta, pero o balón foi despexado por Solla. ao remata os dous equipos deron por bo o resultado co reparto de puntos. O choco segue líder, 3 puntos por diante do segundo clasificado, o Porriño industrial, aínda que cos mesmos puntos están tamén o estradense e o Portonovo. Na próxima xornada visita o campo do Xuventude, un dos equipos da parte baixa da táboa.Próxima xornada: Xuventude-Choco
 
 
Primeira autonómica
Arcade-Alerta Traviesas 1-0
A vitoria axuda ó Arcade a levantar cabeza e saír algo do pozo, cun gol de Adrián. Agora son 14º na táboa, e na próxima xornada visitarán o campo do Poio, o colista do grupo.
Próxima xornada: Poio-Arcade
Segunda autonómica
S. Guardés-Chapela 4-1
O Chapela viaxou  á Guarda con intención de ir a por todas, pero a superioridade do líder fixo imposible un resultado mellor. O Guardés dominou e fíxose cos tres puntos. aínda que non foi ata case o remate da primeira parte cando anotaron o primeiro gol, no min.42. sço 4 minutos máis tarde anotarían o 2-0. Con todo o Chapela seguiu tentándoo e no minuto 54 Conde anotaba o 2-1. Pero foi só un espellismo, ó remate da segunda parte Lauri e Isidro sentenciaron o encontro con 2 goles máis deixando o 4-1 definitvo
 O resultado deixa ó Chapela no mesmo posto, seguen 2º, agora a 10 puntos do líder. Máis doado o terán na próxima xornada, cando reciban en Chapela ó Victoria, un dos colistas.
 
Próxima xornada: Chapela-Victoria 
Terceira autonómica
Portonovo-Cesantes 1-0
A pesares da derrota os de Redondela manteñen o 7º posto na táboa. Na próxima xornada recibirán ó Libertad.
 
Bueu-Sotomaior 1-2
AO Soutomaior sentoulle ben o descanso, e foi quen de impoñerse no campo do Bueu, un dos equipos fortes deste grupo. Os de Soutomaior conservan a 3ª praza, na próxima xornada recibirán ó Pontevedra, equipo da metade baixa da táboa
 
Caroi- Arcade  7-0
o Caroi demostrou unha vez máis a súa capacidade goleadora, e o arcade non fixo máis que encaixar os goles. este resultado deixa ó arcade no 8º posto. Na próxima xornada recibirán ó Marín, equipo da metade baixa da táboa
 
Choco-Balaídos 2-1
O choco impúxose ó Balaídos e afiánzase na metade alta da táboa, son 6º, e poderán seguir escalando postos na próxima xornada, xa que visitan un dos campos, a priori, asequibles, o do Moledo, que actualmente son 3º pola cola
 
Nespereira descansou , na próxima cita recibirán ó Cumiar
Os redondeláns son colistas, tan só suman 3 puntos en 18 xornadasPróxima xonrada: Cesantes-Libertad, Soutomaior-Pontevedra, Arcade-Marín, Moledo-Choco, Nespereira-Cumiar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará