Analizar a eficiencia enerxética será o argumento do primeiro foro de participación que se vai celebrar este venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura aberto a toda a cidadanía en xeral
Detectar problemas e buscar solucións é o obxectivo destes foros nos que poderán participar todas aquelas organizacións, empresas , asociación e entidades que teñan interese por temas como a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, augas, saneamento, contaminación, biodiversidade e xestión de espazos no municipio. A orde do día incluirá unha breve explicación sobre a razón do foro e o seu funcionamento así como a creación dun grupo representativo que traballará durante todo o ano. O foro reunirase periodicamente co obxectivo de funcionar como lugar de encontro e debate no que se acaden medidas consensuadas que fomenten un concello máis sostible. Ao longo do ano poranse en marcha outros foros nos que se abordarán cuestións tales como a xestión de residuos ou a mobilidade Esta convocatoria está encadrada dentro da campaña informativa e participativa sobre a situación da Axenda 21 en Redondela posta en marcha o pasado ano.